Máis de 480 persoas aproban a certificación da lingua galega 3

Un total de 482 persoas superaron as probas de Certificación de coñecemento da lingua galega (Celga) do nivel 3, na convocatoria de xuño de 2011. Os resultados definitivos cos aptos e non aptos destes exames, que se realizaron en Galicia, resto de España e Europa, poden consultarse no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en www.xunta.es/linguagalega.
Neste sitio tamén están accesibles desde a semana pasada os resultados do Celga 4 e do Celga 2, que superaron 603 e 440 persoas, respectivamente. No que respecta aos exames do Celga 1, fará públicos hoxe os aptos e non aptos deste nivel.

Te puede interesar