Mariñeiros na guerra


Chegou a Netflix a miniserie norueguesa de tres capítulos Un marinero en la guerra. Nace como un filme de tres horas. Foi a película elixida por Noruega o ano pasado para os Óscar na categoría de mellor película internacional, antes de que Netflix decidira separala en 3 partes. Quizais, máis aló da súa larga duración, a plataforma elixiu presentala ao público neste formato porque o seu director, Gunnar Vikene, é máis coñecido como creador de series que como director de longametraxes.  

Un mariñeiro na guerra céntrase nunha páxina case inédita, para moitos de nós, da Segunda Guerra Mundial: o papel da mariña mercante norueguesa no conflito. O argumento móvese arredor de dous amigos, de profesión mariñeiros, que se atopan no medio do Océano Atlántico cando estala a Segunda Guerra Mundial. O goberno obriga a flota da mariña mercante en involucrarse no conflito, sen armas. Así que os dous civís teñen que participar nun conflito que nunca quixeron, sen posibilidade de regresar á casa. 

Un marinero en la guerra é un conto profundamente antibelicista e humanista ao igual doutra exitosa recente produción cinematográfica de Netflix, Sin novedad en el frente. En ambos relatos o conflito non ten nada de heroico ou agónico, é mais ben unha masacre sufrida, imposta. 

Na película-serie de Vikene o mar está moi presente, é nunha paisaxe borrosa, sen fronteiras, onde resulta aínda máis difícil establecer quenes son os inimigos e os aliados. Os protagonistas merodean dun porto a outro case sen rumbo e sen recibir noticias desde o seu país natal facendo que sexa aínda máis difícil entender as razóns do conflito. Un mérito desta obra é que non só enfoca a mirada nos tripulantes dos bunques mercantís, tamén nas familias que esperan a casa á volta deles mentres sofren a ocupación alemán ao igual que os consecuentes bombardeos dos aliados. Ademais a historia non só desenvólvese durante o conflito, abarca un longo período histórico moito máis longo, desde o 1939 ata o 1972. Relata, sempre desde un punto de vista humanista, os efectos da posguerra e os traumas deixados pola Segunda Guerra Mundial.

Quizais na última parte, o director insiste máis en relatar as emocións dos protagonistas e a película estáncase. Pero o final silencioso e desgarrador retoma o fío inicial e deixa as feridas á vista, espidas. O que queda despois desta dramática secuencia é só unha profunda tristeza. 

Un marinero en la guerra é un drama bélico que seguramente non chegará a obter os resultados de Sin novedad en el frente, pero merece igualmente a nosa atención. É unha obra que nos introduce nunha cultura, a norueguesa, e nunha páxina pouco coñecida da guerra, cunha mirada dolorosa e uns tempos de narración moi típicos do cinema nórdico.

Te puede interesar