ENTREVISTA

Martín Barreiro: “O cambio climático é evidente"

Martín Bareriro pasou nos últimos anos a ser unha cara coñecida en toda España pola súa forma de explicar o tempo en TVE, o que lle ten reportado varios premios, o último fai unhos días na gala dos Mestre Mateo.

Dende o rapaz da coleta dando o tempo na TVG, Martín Barreiro pasou a convertirse en todo un "dandy" da comunicación meteorolóxica e un apaixoado do cambio climático. E con elo chegaron os premios. Pero ata chegar a este nivel ocorriron moitos cambios na súa vida. O primeiro foi a decisión de estudiar Física e comenzar na facultade de Ourense, época d que garda moi bos recordos. "Foi un ano moi divertido. Era o meu primeiro ano universitario e sentinme moi agusto na cidade" y asegura que "aínda teño amigos daquela época".

Despois pasaría á Universidade de Santiago donde se especializou en Oceanografía. "Empecei o doutorado e deixei de lado a investigación, e como a comunicación me gusta máis, adícolle máis tempo, sobre todo o relacionado co cambio climático", do que é un apaixoado e lle gusta dar conferencias "amenas para que o entenan todos".

DOTES PARA A COMUNICACIÓN

Foron as súas dotes para a comunicación as que o levaron á información meteorolóxica. Primeiro na TVG, e dende 2010 en TVE, polo que tivo que marcharse a Madrid. Recoñece que os inicios non foron fáciles. "O principio eres máis serio, porque tiven que facer un es- forzo moi grande. Na TVG xa estaba nun entorno de moitos amigos e a forma de desenvolverse era máis cómoda". Pero falar para toda España non é o mesmo "é máis complexo, xa que hai cousas que non dominas. O comezo tes que ir con moito tino".

E agora que xa está solto, que se fixo un nome neste ámeto, asegura que "intento ser dicharechero coma de novo. Xa estás máis musculado e é máis difícil cometer erros". Erros que lembra cun sorriso, como os de que se lle escapa algunha palabra en galego. Agora foino pulindo porque "falas moito en castelán, pero aínda hoxe de vez en cando me sai o de "refacho" en lugar de "rachas de viento" e termino dicindo "refachos de viento", apostilla.

Os seus fans galegos din de Martín Barreiro que é "o noso home do tempo" porque fai visibles no ma- pa localidades de Galicia que antes era impensable ver ref lexadas no mapa como é Ourense. "O obxectivo do departamento do tempo quere ir desterrando esa imaxe e darlle máis peso a tódolos sitios". Por elo entre o plantel, aparte deste galego hai xente doutras comunidades, como cataláns. "Tentamos dende un punto de vista nacional que a xente se note representada. Falar dos pormenores de cada cidadán. Que teña información veraz e máis propia do seu sitio".

Todo o seu bó facer nestes últimos anos levou a Martín a conquerir varios primeiros. O primeiro chegoulle da Sociedade Europea de Meteoroloxía por unha repor- taxe que explica o fenómeno das mareas roxas. E a pasada semana recibiu o premio ó mellor comunicador na gala "Mestre Mateo".

Sobre a comunicación, a pesares de que afirma que lle gusta moito dar a información do tempo, non desbotaría facer outro tipo de programas. "Non pecho as portas a nada. A comunicación gústame en calquera eido. Pero si xurden cou- sas estou aberto a plantexalo". E "sempre tendo en conta o da me- teoroloxía e o do cambio climático"

E aquí conta algo que quizáis moitos descoñecían, a súa paixón polo mundo do motor, facendo en Teledeporte retransmisións de fin de semana de carreiras de circuitos. Tamén está satisfeito coa presentación da gala "+ Deporte" de La Región. "Foi divertido. Unha experiencia bonita porque ves moita entrega e xente moi ilusionada".

Pero sobre o que está máis interesado en divulgar é o problema do cambio climático. E aquí, cando se lle plantexan problemas como o do retraso da floración por mor da última ola de frío ou as últimas choivas, asegura que "unha cousa é o clima e outra o tempo. O clima é un conxunto de fenómenos que pasa no longo do tempo. Os investigadores cada vez apuntan a eventos con secas extremas e chuias seguidas. Son eventos extremos non habituais e adversos". Para Martín Barreiro ahí está a evidencia do cambio climático. "Hai un patrón . Unha evidencia total. Non hai científicos que se atrevan a negalo. Antes había negacionistas, pero cando xa é moi evidente e estudios reputados apuntan a iso, non é fácil enganar á xente"

Te puede interesar