Os Reis Magos chegarán con bos desexos para a lingua galega

A Consellería de Cultura e Educación presentou onte 'O libro dous reis magos', iniciativa de promoción da lingua galega para que os representantes das súas maxestades de Oriente, poidan ler os nenos as súas peticións e bos desexos para o galego durante as cabalgatas que 'encherán de alegría e ilusión' as rúas de Galicia.
O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, sinalou onte na presentación do libro que aproveitando estas datas 'tan significativas e entrañables', o seu departamento, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, puxo en marcha esta nova iniciativa co obxectivo de impulsar o uso do galego entre os máis pequenos fóra das aulas.

O libro, editado por Galaxia, contou coa participación de 26 autoras galegas. Rosalía Golmar, Rosalía Morlan, Andrea Porto, Celia Parra, Rosa Aneiros, Helena Villar Janeiro, Fina Casalderrey ou Anxos Sumai, entre outros, asinan este libro con discursos dos Reis Magos, cada un deles acompañados por unha ilustración de Mariña Seoane.

Te puede interesar