¡Buone visioni!

Un pacto de sangue

Escena de la película: El Pacto

No outono do 2001, Estados Unidos envía á Afganistán a 1.300 soldados. Vinte anos máis tarde, o número de soldados americanos en misión de guerra ascende a 98.000 unidades. Ao mesmo tempo, o exército recruta en sito a 50.000 intérpretes coa promesa de concederlle un visado especial ao rematar o conflito. Finalmente no agosto do 2021, despois de vinte anos, o exercito estadounidense retírase do territorio. Os talibanes retoman o control do país en menos dun mes. Para a maioría dos intérpretes que colaboraron na campaña militar o pacto dun visado para entrar aos EEUU resulta ser un espellismo: mais de 300 deles, xunto coas súas familias, morren asasinados mentres outros intentan ocultarse nos montes.

Despois da entrañable e brillante película sobre a mafia inglesa The Gentleman (2019) –pronto estrearase a serie inspirada nela– e outros dous thriller menores, Guy Ritchie cambia completamente de rexistro. Enfróntase ao cine bélico e a unha páxina pouco coñecida dun conflito contemporáneo. El pacto chega á España sen pasar por salas de cine, directamente á plataforma de Amazon Prime e de maneira inefable. Teoricamente estreouse a semana pasada. Pero debido a un asíncrono co dobraxe e o subtitulado, e as consecuentes protestas dos usuarios, a plataforma retirouna. Volveu a estar dispoñible hai un día.

Protagonizado por Jake Gyllenhaal e Dar Salim, El pacto intenta facer xustiza ao labor que tiveron os interpretes locais no recente conflito en Afganistán. Non é unha historia real, aínda que ten elementos ben documentados na súa ficción. É unha suma do relato de moitos dos que loitaron contra os talibanes neses anos e sobre os vínculos e as amizades que xurdiron entre os interpretes e os membros do exercito. O filme relata as operacións en Afganistán do sarxento John Kinley e da súa unidade, a cal incorpórase Ahmed, o intérprete local, para que sexa o seu tradutor inspeccionando a rexión. Ao sufrir unha emboscada, Kinley e Ahmed son os únicos sobreviventes e Ahmed arriscará a súa propia vida para levar á base ao sarxento ferido. Este feito, e a incumprida promesa dun visado para Ahmed, fará que Kinley decida tomar medidas propias no asunto.

El pacto non é unha película que brilla por orixinalidade pero ten un guión sólido e os elementos típicos do cine bélico ben relatados. Certamente é unha película de guerra clásica. Non é antibelicista e non pon dúbidas sobre quenes son os heroes e quenes os malos. É un filme mais ben crítico sobre a burocracia ou a xestión do conflito por parte das institucións que sobre a guerra. Nesta liña o retrato da parte contraria non deixa de ser bastante simplista e quizais este aspecto sexa o límite máis evidente do filme. Pero tecnicamente é unha longametraxe impecable, cunha banda sonora envolvente e unha fotografía que saca o máximo partido das localizacións da provincia de Zaragoza e da comunidade valenciana onde se gravou (Sax, Elda e Novelda). Ao igual, as interpretacións son eficaces. Tanto Jake Gyllenhaal como Dar Salim son rostros de guerra contundentes. Guy Ritchie confirma a súa versatilidade como cineasta, sentíndose cómodo dentro dos canons do xénero bélico, tanto que repetirá pronto. Xa sabemos que está a traballar noutro drama de combate, The Ministry of Ungentlemanly Warfare, ambientado durante o segundo conflito mundial e que se estreará o próximo ano.

Te puede interesar