Unicorn wars

Animación para adultos, en todos os seus formatos, está a converterse nun dos poucos oasis de liberdade intelectual que quedan, unha reserva protexida do politicamente correcto e, por suposto, pode ser un eficaz instrumento subversivo. A través da narración de universos imaxinarios e criaturas fantásticas, é posible falar abertamente, sen censuras, do mundo que nos rodea.

Isto leva facendo dende hai anos o galego Alberto Vázquez, liderando o sector da animación española para adultos coas súas curtametraxes Birdboy (2010) - coodirixido con Pedro Rivero -, Decorado (2016), Homeless Home (2020), coa longametraxe Psiconáutas (2015) e con esta nova entrega, Unicorn Wars. Este último filme, estreado no Festival de Annecy, chegou ás salas de cine hai unha semana, é outra xoia imperdible do seu arte poético e subversivo. Falando por metáforas, o director acompáñanos na exploración do bosque máxico, un territorio virxe poboado de unicornios e numerosas especies salvaxes. Segundo a lenda oficial, del foron expulsados os ositos amorosos. Subvertendo a imaxe do bondadoso á que estamos acostumados, descubrimos pronto que estes últimos teñen máis gaña de guerra que de transmitir amor. Están a adestrar nun campamento militar para a batalla final: matar ós unicornios e reconquistar así o paraíso perdido.

O que aparenta ser, polo menos ao principio, unha película de boas intencións e humor surrealista, convértese pronto nun pesadelo. Neste camiño cara as tebras, de “Bambi” chegamos a “Apocalyspe Now”. Vázquez crea unha mitoloxía propia a partir desas referencias visuais pero sempre mantendo un constante diálogo coa realidade. Inventa un ser superior que xustifique a maldade. E cóntanos tamén a historia de dous irmáns, os ositos Romolo e Remo, en conflito interno polo amor da súa nai. O asasinato e a sangue derramada na loita contribuirá ao nacemento dunha nova civilización que será liderada polo home.

Unicorn Wars tamén pon en escena a guerra contra a natureza. Os ositos supostamente civilizados rebélanse contra os restos dun mundo salvaxe, ingobernable. Síntense donos do bosque máxico por crenza divina. E incapaz de entender as súas regras, prefiren destruílo.

Outra reflexión que abre a película é sobre o poder, que se manifesta nos altos mandos militares e na autoridade relixiosa. É o poder que alimenta o conflito para beneficiarse del.

Unicorn Wars, despois dun longo proceso de traballo, estrea nestas datas, xusto cando acaba de estallar unha guerra de invasión real. É unha casualidade. Pero non deixa de ser impactante para espectador, que atopará elementos simbólicos, fantásticos, que definen moi ben a realidade que estamos a vivir. Unicorn Wars é un excelente e orixinal traballo de animación para adultos que intenta facerse un oco entre as propostas máis convencionais dos multisalas. Non o perdades.

Te puede interesar