As obras 'Cadeas' e 'O castañeiro de Abril', galardoadas como novela e mellor traballo infantil

Xabier López y Antonio Fraga obteñen os premios 'Xerais'

Xabier López e Antonio Fraga posaron cos seus premios tralo acto de entrega.
O xurado da XXX edición do Premio Xerais de Novela acordou por maioría declarar como gañadora a obra 'Cadeas' do escritor Xabier López López (Bergondo, 1974); mentres que 'O castañeiro de Abril' do enxeñeiro Antonio Fraga Allegue (Pontedeume, 1976) foi a galardoada co XXVIII Premio Merlín de Literatura Infantil.
Os galardóns foron otorgados onte nun acto celebrado na Illa de San Simón, no Concello de Redondela (Pontevedra), e no que participaron unhas 300 persoas, entre as que se atopaban, entre outros, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o presidente da Real Academia Galega, Xesús Alonso Montero; ou o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, Cesáreo Sánchez.

O XXX Premio Xerais de Novela, dotado con 15.000 euros, recaeu no escritor Xabier López López, despois de que o xurado analizase as 41 obras presentadas, das que escolleu como finalistas aquelas baixo os lemas 'Amor en alpargatas', 'Bela Czarda' e 'Cadeas'.

'Cadeas' é, según o xurado, 'unha novela de novelas, un baúl de historias que denotan, ante todo, unha prodixiosa capacidade para fabular, para recrear e imaxinar'.

Ao coñecer o premio, Xabier López López mostrou a súa 'inmensa satisfacción' por ver o seu nome 'emparellado co do premio Xerais, máxime nunha edición tan redonda como seu trixésima'. Sobre 'Cadeas', na que 'aborda practicamente o século XX enteiro', XaLópez defínea como a súa novela 'máis arriscada e ambiciosa dende Doutor Deus', publicada en 1999.

Pola súa banda, o xurado da XXVIII edición do Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron 39 obras, calficou o traballo de Antonio Manuel Fraga como unha obra 'que cumpre as tres condicións case máxicas que un lector pode esperar dunha novela, 'lela dunha vez, estar magnificamente escrita e 'ser inesquecible'. O autor Antonio Fraga destacou que 'O castañeiro de abril' 'intenta subliñar a dignidade coa que os máis débiles afrontan as situacións máis difíciles'.

Te puede interesar