A Xunta creará unha nova lei para medios de comunicación

O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro
O secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro, asegurou que o seu departamento ten 'previsto' levar ao Parlamento autonómico, nesta lexislatura, unha 'lei de promoción de medios de comunicación de Galicia' e contará cunha 'liña específica' para axudas aos medios en galego. 'A Xunta mantén e ten intención de potenciar as axudas institucionais aos medios galegos e en galego, na medida das posibilidades presupostarias', asegurou durante unha resposta parlamentaria ao deputado nacionalista Bieito Lobeira (BNG), quen criticou unha situación de 'discriminación' cara aos medios que escriben integramente na lingua propia, algo q
'A Xunta mantén e ten intención de potenciar as axudas institucionais aos medios galegos e en galego, na medida das posibilidades presupostarias', asegurou durante unha resposta parlamentaria ao deputado nacionalista Bieito Lobeira (BNG), quen criticou unha situación de 'discriminación' cara aos medios que escriben integramente na lingua propia, algo que atribúe a unha intención 'ideolóxica e de control informativo'.

Cabaleiro rebateu ao nacionalista que esa situación non se corresponde coa realidade e contrapuxo que a Xunta vai impulsar a mencionada normativa. 'Temos previsto levar ao Parlamento unha lei de promoción de medios de comunicación de Galicia que continuará, ou queremos que continúe, cunha liña específica de axudas para os medios en galego,' destacou, tras o que indicou que se buscará 'o consenso neste marco lexislativo'. Cabaleiro subliñou que a Xunta 'dá moito menos do que quixese (el), pero o suficiente' nun momento de crise, e advertiu ao parlamentario do BNG que el considera 'absolutamente galegos a todos os medios de comunicación que son de Galicia, escriban ou non completamente en galego'.

Durante o debate, o nacionalista Lobeira tamén criticou que medios 'con axudas' da Xunta empregan 'toponimia deturpada' do galego. Neste sentido, Cabaleiro asegurou que se 'avanzou muchísimo', pero asegurou 'tomar nota' en relación a ese asunto.

Te puede interesar
Más en Sociedad