A Fundación María José Jove inicia a súa actividade nas redes sociais

A Fundación María José Jove iniciou a súa actividade nas redes sociais 'co obxectivo de achegar aos seus usuarios, colaboradores e simpatizantes todas as actividades que a entidade realiza no ámbito da infancia e a minusvalidez', sinala nun comunicado.
Así, á súa introdución en Facebook para dar a coñecer as súas áreas de traballo (educación e formación; saúde, ocio e tempo libre responsable e promoción cultural), sumarase proximamente a súa incorporación tamén a Twitter.

'En www.facebook.com/fundacionmariajosejove os seguidores da Fundación poderán das convocatorias de premios, apertura de prazos de inscrición en cursos ou actividades, conferencias, exposicións ou as colaboracións que habitualmente a entidade realiza con outras asociacións ou organismos', explica.

Así mesmo, indica que, coa súa entrada nas redes sociais, a Fundación María José Jove busca utilizar os novos medios de comunicación social 'como ferramenta de divulgación e sensibilización social, para así afondar no labor que esta institución realiza dende 2003', engade.

Ademais, pretende aproveitar as oportunidades que ofrecen as plataformas de comunicación social 'para establecer unha canle de comunicación bidireccional cos cidadáns e outras institucións que traballan en materia de acción social', conclúe.

Te puede interesar