Galicia

Ikea "fala" galego

A empresa de decoración vén de incorporar a opción de galego en todos os seus servizos

Despois de varios anos de protestas, a empresa sueca Ikea inclúe o galego na súa páxina web. Dende agora, os usuarios poderán consultar todos os servizos da multinacional na lingua galega. Unha decisión moi aplaudida dende a Mesa pola Normalización Lingüística ao destacar  a incorporación do galego tanto na páxina web, como na súa aplicación móbil ou nos catálogos que se atopan na tenda física de A Coruña.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Após moito insistir e protestar conseguímolo. #IKEAXATENGALEGO Parabéns @ikeaspain

Una publicación compartida de A Mesa pola Normalización L. (@amesanl) el

Te puede interesar