Tendencias

As palabras galegas máis feitiñas e que todo o mundo debería empregar

Tendencias

tendencias

As palabras galegas máis feitiñas e que todo o mundo debería empregar

Unha lista de palabras galegas imprescindibles e que soan moito mellor na nosa lingua nai

O léxico galego garda centos de palabras que todo o mundo debería empregar e que soan moito mellor na lingua de Rosalía. Palabras tan nosas como riquiño, ou sentimentos que só os galegos comprendemos á perfección como a morriña.

- Arroutada: acción nada premeditada e pouco sensata.

- Fozar: unha palabra que vai máis aló de remexer. Trátase de desordenar ou guichar onde non se debe.

- Riquiño: unha desas palabras que os galegos poñemos de moda aló por onde imos. En Galicia nada é adorable e todo é riquiño. Tamén se emprega para falar de alguén que non é nin guapo, nin feo, simplemente é riquiño.

- Xeitoso / Feitiño: similar a riquiño.

- Enxebre: vocábulo empregado para falar de algo moi puro ou auténtico, da terriña.

- Agarimo: cariño ou afecto. 

- Ledicia: denota xúbilo o alegría.

- Garatuxa: un termo agarimoso tanto en significado como en dicción. Trátase dunha caricia afectuosa.

- Aperta / bico / quérote:pack de palabras que sona moito mellor na lingua de Rosalía. 

- Aloumiño: caricia particular, pasando a nosa man polo pelo de alguén. 

- Chosco: da igual si padeces de miopía ou astigmatismo, en Galicia o que estás é chosco. 

- Rabudo: termo que utilizamos os galegos para referirnos a alguén moi terco ou malhumorado.

- Morriña / Saudade : dous vocábulos que aínda que queira empregar todo o mundo, só os galegos entendemos á perfección. A morriña é esa sensación que nos invade ao deixar atrás a nosa terra, e saudade é un sentimento de melancolía por algo xa vivido.

- Trapallada / Chafallada: designa unha chapuza, algo feito sen ganas e con ningún coidado. 

- Petisco : un pincho galego.

- Afouteza: "Ensinémoslle ao mundo o significado de afouteza", foi o lema empregado nas campañas do Celta de Vigo. Trátase da "disposición do espírito que leva a acometer calquera empresa sen temor aos perigos" 

- Troula / Esmorga: os galegos no saímos de festa, senón que imos de troula ou esmorga.

- Larpeirada: comida doce. 

- Avelaíña: bolboreta nocturna, que ademais é símbolo de superstición. Di a tradición, se vemos unha avelaíña negra, isto quere dicir que unha alma en pena reclama a nosa axuda. 

- Lareira: di a RAG, " pedra plana situada a pouca altura do chan, onde se fai o lumes para cociñar

- Meigallo: un feitizo a mans das meigas.

- Axóuxere: xoguete para entreter aos máis pequenos.

- Preguiza: desidia ou falta de ganas. 

- Anainar : acción de arrolar a un neno

- Aquelar : nin a Real Academia Galega é quen de establecer límites do termo aquelar. Trátase dun vocábulo de sentido moi vago e que se utiliza cando non podemos atopar a palabra adecuado. 

- Luscofusco: aquel momento do día no que a luz vai desaparecendo e percibimos as primeiras sombras. 

- Ruliña: apelativo cariñoso profundamente arraigado á tradición galega.

- Luar: luz do sol reflectida pola lúa, ou tamén o programa de entretemento máis lonxevo da televisión galega.