As Tanxugueiras xa teñen a súa inscripción nunha rúa de Galicia

O trío galego xa ten a súa inscripción no coñecido como o paseo das Palabras do Ano

As Tanxugueiras xa teñen a súa inscripción no considerado o paseo das Palabras do Ano, ubicado na rúa Menorca de Lugo. Este venres, Aida Tarrío e Olaia y Sabela Maneiro, descubriron a inscripción que os veciños e visitantes poderán atopar na cidade lucense. 

O presidente da Academia, Víctor F. Freixanes, asegurou que a elección "desta voz" significa "unha aposta pola ilusión do futuro que representan Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro”. Sinala que, a través da súa música, Tanxugueiras, tamén é un símbolo dos novos vieiros que está a emprender no século XXI a música tradicional galega.

“As Tanxugueiras teñen unha forza especial e unha gran capacidade de mobilización, sobre todo entre a xente nova. A RAG está moi comprometida con conectar coas creacións que lles transmiten ás novas xeracións a riqueza dun patrimonio, dun tesouro tan poderoso como é dispoñer da nosa propia lingua", sinalou Freixanes no acto deste venres. 

Te puede interesar