Así celebran o Nadal en Trives: a chegada de Papá Noel máis espectacular

Nadal en Trives.
photo_camera Nadal en Trives.
A choiva fixo que o espectáculo programado se trasladara ao interior da casa da cultura, pero respetou o desfile polas rúas do pobo de Trives

Pasaban das 18,00 horas deste sábado cando Papá Noel facía a súa saída desde a praza do concello da Pobra de Trives ata o auditorio no seu coche descapotable e rodeado de elfos. 

A choiva fixo que o espectáculo programado se trasladara ao interior da casa da cultura, pero respetou o desfile polas rúas do pobo acompañados dos moteiros do motoclube trivés Os Esquíos.

Nadal en Trives.
Nadal en Trives.

Xa nun auditorio, que se quedaba pequeno para acoller ao público, dous bailes de renos e noeles do ximnasio Trivesport daban paso á chegada entre aplausos do Papa Noel e os seus Elfos.

Os cativos foron desfilando ata sentarse co señor de barba blanca para facerlle as súas peticións.

Nadal en Trives.
Nadal en Trives.

Te puede interesar