O Concello trivés prepárase para festexar o seu magosto popular

Castañas
photo_camera Imagen de archivo.

O Concello de Trives ultima os detalles para a celebración do seu magosto popular. O encontro terá lugar o vindeiro sábado 11 de novembro, e concidindo co propio día do San Martiño, na rúa San Martiño a partir das 20,00 horas.

Os asistentes poderán mercar os tickets desta festa popular por un prezo de 2,5 euros para degustar as castañas asadas, bocadillos e viño da Ribeira Sacra.

Ademáis de saborear estas viandas, esta festa promovida polo Concello continuará ata ben entrada a noite coa actuación do grupo Claxxon, que coa súa personalidade propia, fará un percorrido polo pop-rock desde os 70 ata a actualidade. Iniciarán o seu espectáculo arredor das 22,00 horas.

Desde o Concello de Trives animan a toda a veciñanza a asistir aos festexos do magosto “que seguirá enchendo de ambiente a vila neste outono”. 

Te puede interesar