Un fumeiro ben completo en Sobrado de Trives

photo_camera Cada mes de decembro, a familia Vázquez Blanco continúa celebrando o ritual da matanza de xeito tradicional
Cada mes de decembro a familia Vázquez Blanco continúa celebrando o ritual da matanza de xeito tradicional. Na cuarta xornada a zorza e os chourizos son os protagonistas reunindo a esta familia de Sobrado de Trives para a súa elaboración

Estes días convírtense no rural na “ponte das matanzas”. A combinación de días festivos fai que as familias xunten días para reunirse nos pobos e aproveitar a facer a “matanza do porco”.

Aínda que cada vez son menos as casas que siguen esta tradición ancestral, a familia Vázquez Blanco, en Sobrado de Trives, ten claro que mentres poda continuará matando e facendo os seus embutidos de montaña para disfrutar todo o ano. “Cada vez matamos menos, chegamos a matar algún ano ata 5 e este ano matamos dous” explica Maribel Vázquez, mentres súa irmá Sinda Vázquez suma que a maiores comprar uns kilos de carne de porco e algún costillar para poder facer máis chourizos e salchichóns.

Este traballo, que tamén toma cariz festivo, dura casi unha semana, onde o proceso está ben repartido. O primeiro día sacrifícanse os animais preparando as tripas e no segundo divídese en partes aproveitando casi todo, deixando a carne picada e adobada para facer os embutidos.

O terceiro día, esta familia xa comezaba a envasar nas tripas parte dos produtos. Androllas e salchichóns quedaban listos no fumeiro. Unha das variedades que fan nesta numerosa familia son salchichóns con carne de xabarín misturada, “hai quen fai chourizos de xabarín, pero a nós gústannos máis os salchichóns” dice Gloria Vázquez mentres enche a tripa de zorza na máquina. A ata dos chourizos ten a súa importancia, se non pode entrarlle o aire e estropearse, así que sentados en parellas, un dálle forma aos chourizos e o outro ata. Ao rematar de atar, outra parella atará os chourizos ben separados no lareiro, colocándoo no fumeiro.

Agora quedan días de facerlle fumo para que se curen. “A min gústanme moi frescos, unha semana de fumo e xa aso algún, pero realmente tardan máis dun mes en estar curados”, dice a filla de Sinda Vázquez, María José Bao.

Te puede interesar