Entrevista

Marisa Castro: "A vida xenerosa dos curandeiros sempre me trouxo fascinada”

Marisa Castro na presentación do libro no IES Xermán Ancochea de Trives
photo_camera Marisa Castro na presentación do libro no IES Xermán Ancochea de Trives
A investigadora, bióloga e profesora universitaria xubilada publicou a novela "A saga das curanteiras"

A escritora, bióloga, profesora universitaria xubilada e investigadora galega, Marisa Castro Cerceda, levou a súa primeira novela “A saga das curandeiras” ao IES Xermán Ancochea Quevedo de Trives, nun acto organizado polo clube de lectura do centro, “Furgando nos libros”, ao que pertencen non só membros da comunidade educativa, senón veciños de Trives e dos concellos veciños. A narración de Marisa plasmou a súa experiencia e fascinación polo mundo de curandeiros en Galicia, desafiando a confusión e o escepticismo, e así llo expoñía a autora non só aos alumnos do centro trivés, senón aos arredor de vinte membros do clube de lectura do instituto que quixeron coñecer de preto a obra de Marisa, quen engadía que neste libro ofrece un percorrido polo século XX, adicando a obra a estas figuras tan relevantes.

Foi a súa primeira novela?

Si, eu levo feitas moitas publicacións científicas, pero en canto a novela, esta é a primeira.

Qué a levou a escribir sobre curandeiros?

Pois para min foi especial, con esta novela fixen un soño realidade, é un mundo especial para min, pero o mellor é que sigo aprendendo moito desa xente de antes. Agora chega a fisioterapia, a osteopatía, a psicoloxía, son curandeiros e compoñedores pero dunha forma mais científica e rigurosa, e trasladanlo a clínicas.

Ten vostede un vínculo moi especial co mundo dos curandeiros e compoñedores

Certamente, eu vivín entre curandeiros. Meu avó paterno era un prestixioso curandeiro en Lugo, todo o mundo decía que compoñía osos; desde pequena, eu o vivín, e con varias herbas curaba moitas cousas. Sempre tiven moita admiracion hacia el e hacia meu pai, que dalgún xeito continuou con estes saberes.

Cómo definiría o seu traballo?

Eu vivín unha morea de experiencias con meu avó e con outras moitas mulleres coas que fun falando ao longo deste tempo, e eles desprazábanse kilómetros para axudar a quen o necesitaba, dando o seu tempo. Non cobraban. Direi que meu avó era un home que non tiña callos nas mans e as súas uñas eran brancas, pois tamén cando tiña traballos grandes do campo, sempre tiña moita xente que lle viña a axudar en pago polo seu traballo. 

Curandeiro nácese ou faise?

Por un lado vaise aprendendo, pero tamén hai que ter un don. Meu avó tivo cinco fillos e tan só dous irmáns tiñan esa facultade. Nós somos dúas irmás e penso que só a teño eu. 

Novela ficticia ou real?

A personaxe é ficticia, pero todo o que conta é real. Eu sempre digo que son escribidora e non escritora, creei a Rosalía, boteina andar e así foi nacendo a historia. Nas novelas, si son boas, ademáis de estar ben escritas, ten que haber realidade. A protagonista pasou a guerra civil en Madrid, e molesteime en buscar un plano daquela época en Madrid para que fora o máis real posible.

Como resumiría esta obra?

Na editorial Hércules, en galego imos pola cuarta edición, a min é a que máis me gusta, xa que a miña vida é en galego. Eso animoume a escribir outra sobre cogumelos.

Te puede interesar