Reboiras gaña o “Novela da Galicia rural” de Río

O gañador Óscar Reboiras.
photo_camera O gañador Óscar Reboiras.

O Concello de San Xoán de Río, trala boa acollida da primeira edición e co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, convocou a segunda edición do premio Novela da Galicia Rural, onde o xurado formado por Francisco Castro Veloso, Miriam Ferradáns Ferradás, Llerena Perozo Porteiro, Armando Requeixo Cuba e Tania Vázquez García, e actuando como secretario, con voz pero sen voto, Miguel García-Fernández en representación do concello de San Xoán de Río, escollían por unanimidade a obra gañadora: “A agonía das folerpas”, de Óscar Reboiras. 

Reboiras Loureiro é de Rianxo, estudou xornalismo e este non é o primeiro galardón que recibe polas súas obras

O premio, como sinalaban na acta de resolución, “consistirá na edición da obra por parte da Editorial Galaxia, unha contía en metálico de 2.000 euros, máis a entrega dun diploma acreditativo, que será entregado nun acto público organizado polo Concello de San Xoán de Río”.

Te puede interesar