San Xoán de Río combina dúas festas que logran congregar máis de 450 asistentes

O concello de Río festexa este venres a Festa da tenreira e a Festa do Emigrante

O polideportivo municipal de Río congregou a preto de 450 comensais dispostos a disfrutar da Festa da tenreira de Río.

Esta é a primeira vez que desde o concello se organiza unha cita gastronómica, a cual asistiron numeroso alcaldes da provincia, así coma o presidente da Deputación e o Delegado da Xunta.

Os asistentes a este xantar tradicional degustaron un menú composto por embutidos ibéricos, costela de tenreira asada con patacas e bica de sobremesa. As entradas xa quedaron esgotadas desde o día antes do festexo.

A charanga Tatto doi a encargada de amenizar o xantar e a festa non parou en toda a xornada.

Xa pola tarde daba comenzo o baile coa orquesta Galilea, encargada da sesión verbena tamén.

A cita gastronómica era organizada polo concello contando coa colaboación da asociación cultural Río Mola, mentres que a festa do Emigrante era Río Mola que se poñía ao frente, contando coa colaboración municipal

Te puede interesar