Un roteiro poético encherá as rúas de Trives de poemas

Casa do concello en A Pobra de Trives.
photo_camera Casa do concello en A Pobra de Trives.

Disfrutar do día da poesía é a premisa da Asociación Cultural A Caniceira, encargada de organizar este primeiro roteiro poético polas rúas da vila trivesa.

Unha vintena de poemas serán interpretados polos membros do grupo de teatro da Caniceira, dos cales máis dunha ducia son de escolla personal e os restantes fan referencia a escritores que contan con rúas adicadas na localidade e nas cales se farán parada.

Cinco paradas nas que o fío conductor non podía ser outro que a poesía, “unha idea que xa fixemos na pandemia en plena corentena, pero de xeito interno do grupo, enviando as nosas interpretacións ao whatsapp, pero esta vez quixémola levar á rúa e encher Trives de poemas, achegándonos a toda a xente que queira compartir esta tarde con nós”, explica a súa directora, Ana García Earley.

A cita é o vindeiro martes 21 de marzo ás 18,00 horas, na avenida Otero Pedrayo, na entrada da vila, onde está marcada a primeira das paradas deste percorrido poético.

O grupo de teatro da asociación cultural combina esta actividade polo Día da Poesía cos ensaios da súa próxima obra, a cual prevén estrear cara o vindeiro mes de xuño.

Te puede interesar