Verano

San Xoán de Río licita o bar da área recreativa da Veiga

Área recreativa da Veiga, en San Xoán de Río.
photo_camera Área recreativa da Veiga, en San Xoán de Río.
O contrato para a explotación do bar de A Veiga terá unha duración de 12 meses, comezando o período de apertura o 1 de xuño

O Concello de San Xoán de Río lanzou unha convocatoria para a licitación da explotación do bar situado na área recreativa A Veiga durante a tempada de verán. Este proceso lévase a cabo debido á necesidade de xestionar as instalacións de hostalería nas áreas de lecer, específicamente na coñecida como A Veiga, xa que, tal e como sinalan nos pregos, o municipio carece de persoal adecuado para esta tarefa.

O obxectivo principal deste contrato é garantir que o bar estea aberto ao público durante un mínimo de horas e días á semana, asegurando así que os espazos estean perfectamente coidados para o goce dos visitantes, especialmente aqueles que acoden a gozar das piscinas.

O contrato terá unha duración de 12 meses, comezando o período de apertura o 1 de xuño, ademáis, “poden darse prórrogas anuais, ata un máximo de 4”. É importante sinalar que o contrato inclúe a limpeza e mantemento da zona correspondente, incluídas as instalacións, as cales son consideradas bens de dominio público e están adscritas a un servizo público.

As persoas interesadas en presentar ofertas para a xestión do bar poden consultar todos os detalles sobre o proceso de licitación nas oficinas municipais. As ofertas poderán presentarse ata o próximo 13 de maio e serán avaliadas en base a diferentes criterios, como o prezo proposto, que parte de 1.000 euros, ive incluido, os prezos das consumicións e a proposta de actividades na área.

Te puede interesar