San Xoán de Río terá un mirador en Aciveiro

O concello de San Xoán de Río contará cun novo espacio de lecer en plena natureza, un balcón que nace nun espazo xa existente de arredor de mil metros cadrados, onde os espazos verdes e un aparcadoiro acaban de completar o plantexamento desta obra segundo o deseño feito polo Concello para esta acción. “Pretendemos dotar este espazo de vida e actividade”, sinalan dende o consistorio.

O proxecto de pavimentación e acondicionamento levarase a cabo no núcleo de Aciveiro, en San Xoan de Río, grazas á financiación da Axencia de Turismo de Galicia que concedeu unha subvención de preto de 30.000 euros destinados á execucion do mesmo.

A obra terá varias fases, segundo explica o seu alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua, comezando polo acondicionamento e desbroce da zona. Está prevista tamén a creación de muros nalgún dos puntos onde o terreo o esixe e trala pavimentación, e finalmente este novo mirador inclúe a colocación de mobiliario urbán.

Te puede interesar