Vilanova acenderá as fogueiras polo San Blas

Grupo de veciños nunha fogueira da pasada edición.
photo_camera Grupo de veciños nunha fogueira da pasada edición.

A Festa do Chorizo convértese nunha das máis queridas e arraigadas no inverno, no municipio de Pobra de Trives. Centos de veciños se xuntan arredor das fogueiras, que eles mesmos crean cada primeiro sábado de febrero, festexando as Candelas e o San Blas, festas patronais da aldea de Vilanova.

Familias completas e grupos de amigos se darán cita na noite do 3 de febreiro en Vilanova espallando as súas fogueiras no campo da festa e nos soutos próximos, portando leña para asar os chorizos e otras viandas da matanza. Viño da casa e licores non faltan ao igual que bica nas sobremesas.

Este ano o Trío Nostalgias será o encargado de animar o campo de baile e tras el, DJ Bady dará continuidade á festa. As fogueiras axudan a paliar o frío e a maiores unha carpa no campo da festa acolle aos que se animen a gozar do apartado musical e dun baile.

Ademais da afamada romaría, na pequena aldea de Vilanova contan con dous días festivos, 3 e 4, nos que a misa solemne con procesión será ás 13,00 horas. O sábado o Orfeón Trivés cantará a misa, e o pasarrúas e sesión vermú será da man da Charanga Nova Trives.

Te puede interesar