Universidad

Aberto o prazo para a Olimpíada Galega de Historia ata o 23 de abril

Universidad

UNIVERSIDAD

Aberto o prazo para a Olimpíada Galega de Historia ata o 23 de abril

Susana Reboreda, decana de Historia: "Estamos moi  ilusionadas porque a iniciativa xa é coñecida"

A Facultade de Historia volve a programar un dos seus eventos tradicionais: a Olimpíada Galega de Historia, que baixo o lema "Fai historia con nós", alcanza a súa cuarta edición. O Campus de Ourense abre o prazo para presentarse a este iniciativa, cuxo obxectivo é  "promover o interese do alumnado de Educación Secundaria pola Historia; visibilizar a importancia desta materia no currículo formativo do alumnado e destacar o aspecto lúdico da aprendizaxe da historia". 

O prazo para inscribirse a esta iniciativa está aberto. Debido a pandemia, a competición desenvolverase "prioritariamente de xeito virtual", din dende As Lagoas, aínda que se a situación sanitaria o permite "a fase final podería ser presencial". 

"A olimpíada tamén quere estreitar as relacións entre os centros de ensino secundario galegos e a Universidade de Vigo; dar a coñecer a Facultade de Historia e o Campus de Ourense entre o alumnado interesado no ámbito humanístico e igualmente fomentar a relevancia das disciplinas humanísticas para a comprensión do mundo actual e a súa mellora", indica Susana Reboreda, decana da facultade de Historia. "Estamos moi ilusionadas porque xa estamos na cuarta edición desta olimpíada e xa conseguimos que sexa coñecida", engade.

Na Olimpíada Galega de Historia. pode participar o alumnado matriculado no curso 2020/2021 en 4º curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Secundaria para Adultos dos centros de ensino secundario de Galicia. A participación na proba realizarase por equipos. O prazo de inscrición, que é electrónica, finaliza o día 23 de abril.
A primeira proba, a clasificatoria, será o día 21 de maio e levarase a cabo por medios virtuais. As semifinais e finais serán o 28 de maio. 

Te puede interesar
Más en Universidad