UNIVERSIDAD

O cambio climático centra a nova edición do ciclo Reseñas

O libro elixido recolle unha selección dos discursos de Greta Thunberg

O volume "Cambiemos el mundo #huelgaporelclima", da xoven activista Greta Thunberg, é o protagonista da nova edición de Reseñas, a iniciativa divulgativa bimensual promovida polo persoal da biblioteca de Torrecedeira que ten como obxectivo crear un espazo dedicado á lectura e aberto a toda a comunidade universitaria. 

O libro elixido para esta ocasión recolle unha selección dos discursos da activista sueca que comezou unha folga estudantil baixo o lema "Skolstrejk för klimatet" (Folga escolar polo clima) esixíndolle ao goberno do seu país reducir as emisións de carbono segundo o decretado no Acordo de París. Nas preto de 70 páxinas de "Cambiemos el mundo #huelgaporelclima" inclúense algunhas das súas intervencións en foros como a ONU, Davos, o Consello Social Europeo ou o Parlamento Europeo, entre outros.

A exposición pódese consultar a través de redes sociais como Pinterest, Twitter e Instagram ata finais de maio e creouse un taboleiro que inclúe libros da biblioteca e tamén informes e documentos en aberto dos temas tratados.

Te puede interesar