Universidad

O Campus Remoto aposta por seis proxectos de creatividade

O profesor Xabier Martínez Rolán é o coordinador desta iniciativa.
photo_camera O profesor Xabier Martínez Rolán é o coordinador desta iniciativa.
A comunidade universitaria e o público poden acceder a contidos sobre Instagram ou webs

O Campus Remoto da UVigo programa ata o mes de maio conferencias en torno a creatividade. "Desde a creación de podcasts á conversión dun espazo web nunha tenda virtual, pasando polas claves para mellorar a situación dunha páxina nos buscadores ou polo uso de Facebook e Instagram como soportes publicitarios", explica o profesor Xabier Martínez Rolán, coordinador desta iniciativa.

“Completar a formación"

Diferentes aspectos relacionados tanto coa creación de espazos web e outra serie de contidos multimedia como coa súa difusión e promoción agrúpanse no ciclo de conferencias e obradoiros "Publi&Webinars", que se desenvolverá de xeito virtual, a través de Campus Remoto, entre os meses de abril e maio. Organizado polo profesor de Ciencias Sociais e da Comunicación Xabier Martínez Rolán, coa colaboración da facultade, o Consello Social da Universidade de Vigo e as empresas E-goi e Dinahosting.

Eeste ciclo de actividades virtuais, abertas tamén ao público en xeral, teñen como obxectivo "completar a formación do alumnado, a través das achegas dunha serie de profesionais, varios deles formados na propia UVigo".

"Abórdase un lado a creación de produtos multimedia e, por outro, a difusión de produtos multimedia, dous aspectos que pivotan un arredor do outro, porque non podes promocionar algo que non existe e non serve de nada crear un produto se logo ninguén o coñece", apunta Martínez Rolán. De aí que este ciclo de actividades virtuais, que se desenvolverán a través de Campus Remoto, sexa aberto tanto ao conxunto do alumnado como a toda persoa interesada.

As Publi&Webinars arrincarán o vindeiro venres 26 co relatorio "Social ads en Facebook e Instagram", a cargo do xestor de proxectos na empresa Elogia Adrián Aira. O 9 de abril, o ciclo continuará cun coloquio con María Xosé Saborido, responsable de formación en Dinahosting.

Calendario de actividades

O 13 de abril o consultor e experto en posicionamento de espazos web en buscadores, Wajari Velásquez impartirá un relatorio titulado Claves SEO en 2021.

O ciclo continuará o 27 de abril cun taller centrado en “como crear unha tenda online”, que será impartido polo consultor web Anxo Sánchez e que estará dedicado a Woocommerce, un plugin de comercio electrónico para o xestor de contidos WordPress. Por último, os Publi&Webinars pecharanse o 7 de maio co coloquio E-mail márketing: buenas prácticas integradas en una estrategia multicanal, a cargo de Daniel Alves, responsable de formación e internacional da empresa E-goi. 

Te puede interesar