Unha científica da UVigo extrae xelificantes de fontes agrícolas

Unha investigadora do Campus de Ourense da Universidade de Vigo, Vanesa Sanz, elaborou unha tese que afonda na valorización de materias primas agrícolas e mariñas como novas fontes de compostos bioactivos e xelificantes. A investigación centrouse na extracción de compostos de alto valor engadido a partir de diversas materias agroindustriais. Por exemplo, o lúpulo prensado seco (Humulus lupulus), empregado na fabricación de cervexa, ou as algas vermellas, entre outras fontes. 

A investigadora explica que, tendo en conta a oferta limitada de materias primas e unha alta demanda de produtos saudables, o uso de subprodutos e restos industriais parecen ser “una alternativa prometedora, renovable e de baixo custe” onde se promoven prácticas “verdes e sostibles” como a bioeconomía, a economía circular e as biorrefinerías.

Te puede interesar