Investigación

Unha científica da UVigo participa nun estudo sobre biodiversidade

A catedrática de Ecoloxía María Jesús Briones é a única representante galega nun estudo de 300 expertos

A Alianza Mundial para o Solo da Food and Agriculture Organization of the United Nations impulsou a elaboración do informe State of Knowledge of Soil Biodiversity, que contou coa participación de máis de 300 científicos de todo o mundo. A catedrática do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da UVigo María Jesús Iglesias Briones é a única representantes dunha institución académica e de investigación galega que participou neste traballo o obxectivo de contribuír á sensibilización sobre a importancia da diversidade do solo, así como o de destacar o seu papel na procura de solucións ás ameazas globais que na actualidade sofre a súa biodiversidade.

O estudo da axencia especializada da ONU, que presenta  o estado actual do coñecemento sobre a biodiversidade do solo, as ameazas e solucións que esta biodiversidade pode achegar aos diferentes problemas ambientais, está dirixido a todo tipo de público. 

Iglesias Briones coordinou a sección Servizos sistémicos de regulación que proporciona a biodiversidade no solo para mitigar o cambio climático, para o que empregou estudos que realizara previamente, aínda que tamén tivo que revisar información publicada ao respecto. "A este tipo de organizacións gústalles os datos cuantitativos", explica a autora da sección, na que tamén participan dous investigadores estadounidenses.

Heroes silenciosos

"Os organismos do solo son heroes silenciosos que agora reciben recoñecemento a través do informe. Xa era hora de que organizacións internacionais como esta puxeran a biodiversidade edáfica na súa axenda e agora só falta que a UE implemente nas súas políticas o protexer tamén a biodiversidade do solo", di Iglesias Briones.

Te puede interesar