UNIVERSIDAD

Un estudo vencella as secas coa humidade do Mediterráneo

A tese, "The role of atmospheric moisture transport in major drought", estivo dirixida por Luís Gimeno e Anita Rodrigues e foi presentada recentemente no Campus de Ourense

A investigadora do Grupo Ephyslab da UVigo Milica Stojanovic indagou, na súa tese de doutoramento, episodios severos de seca en todo mundo entre 1980 e 2015 tomando como foco de interese o transporte de humidade. Entre os resultados do seu estudo están "a confirmación de que a achega de humidade desde o mar Mediterráneo está relacionada coa aparición de secas en Europa central" e un catálogo no que se identifican e caracterizan os episodios de seca en cada rexión do planeta no período estudado.

A tese, "The role of atmospheric moisture transport in major drought", estivo dirixida por Luís Gimeno e Anita Rodrigues e foi presentada recentemente no Campus de Ourense. A seca, explica Stojanovic, é un fenómeno natural e complexo que ocorre cando a dispoñibilidade de auga está por baixo dos niveis normais durante un longo período e non pode satisfacerse a demanda existente. “Debido ao seu desenvolvemento a longo prazo, o carácter progresivo dos seus impactos e os seus límites espaciais difusos, a seca é un dos perigos naturais máis complexos para identificar, analizar, monitorizar e controlar”, subliña a investigadora sobre a relevancia do seu estudo. A investigación, indica, “está motivada polos recentes cambios observados no clima, que teñen unha importante implicación na rama atmosférica do ciclo hidrolóxico”.

Te puede interesar