Competición

A Facultade de Historia reunirá a 30 equipos na súa Olimpíada

Josefina Cadilla e Susana Reboreda durante a presentación da terceira olimpíada.
photo_camera Josefina Cadilla e Susana Reboreda durante a presentación da terceira olimpíada.
Os grupos de alumnos de 4º de ESO de colexios galegos participaran na competición, o 22 de maio

A Facultade de Historia vén de presentar unha nova convocatoria da Olimpíada Galega de Historia, posta en marcha por este centro hai agora tres anos. Baixo o lema "Fai historia con nós", o obxectivo da proposta é fomentar a paixón polo coñecemento do pasado entre a poboación máis nova. 

Esta terceira edición, á que está chamada todo o alumnado matriculado en cuarto curso de Educación Secundaria Obrigatoria ou Educación Secundaria de Adultos de Galicia, terá lugar o 22 de maio na propia Facultade de Historia e xa está aberto o prazo para que os interesados formalicen a súa inscripción no concurso antes do 17 de abril. A participación na proba realizarase mediante equipos, podendo cada centro presentar un só equipo formado por catro estudantes e un docente encargado da súa preparación. Atendendo á capacidade loxística da organización, o número máximo de participantes é de 30 equipos elixidos por rigorosa orde de inscrición. Na pasada edición, agotáronse as przas disponibles. 

Dúas fases de concurso

Os equipos enfrontaranse nunha competición que seguirá o esquema de pregunta-resposta e que se cinguirá aos contidos do currículo da materia de Xeografía e Historia establecidos pola actual lei educativa. Nunha primeira fase, os equipos competirán a través dunha aplicación informática respondendo a preguntas tipo test cunha única posible resposta válida. Todos os equipos participarán como mínimo en dúas quendas do concurso. A segunda quenda, correspondente ás semifinais e finais, terá un formato tradicional no que haberá unha persoa encargada de realizar aos equipos semifinalistas e finalistas as preguntas. Haberá catro galardóns, premiándose tanto ás persoas gañadoras como ao seu titor ou titora como ao centro.

A decana da Facultade de Historia, Susana Reboreda, foi a encargada de presentar o evento xunto coa secretaria do centor, Josefina Cadilla. "Puxemos en marcha esta iniciativa cun obxectivo dobre, por unha parte reivindicar a importancia das humanidades e por outra visibilizar o noso Grao en Xeografía e Historia, a nosa facultade e tamén o campus de Ourense", explicou a decana, asegurando que o formato de olimpíada corresponde á idea de "reivindicar o aspecto lúdico da historia, de amosar que é posible estudala dun xeito entretido". Ademais da colaboración de diversas vicerreitorías da Universidade de Vigo, na cita colaboran o Consello Social da Universidade de Vigo, a Xunta de Galicia e o concello e deputación de Ourense, ademais de empresas como Coren, Grupo Cuevas, Editorial Galaxia e Caldaria.

Te puede interesar