Impulsan o relato de expertas en Intelixencia Artificial

A institución académica celebrou o "workshop" sobre a sociedade dixital e xénero "Hackeando o patriarcado"

 

A UVigo celebrou a terceira edición do “workshop” Sociedade Dixital e Xénero “Hackeando o patriarcado”. Referentes no eido da intelixencia artificial achegaron propostas para crear unha fronte común ante os algoritmos machistas. O evento celebrouse en modalidade híbrida: presencial na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e virtual. A Cátedra de Feminismos 4.0 e a Deputación de Pontevedra organizan as actividades. Intelixencia artificial, ciberseguridade, robótica e procesamento da linguaxe son algunhas das temáticas abordadas no encontro.

As participantes reflexionaron sobre a “necesidade de regular o deseño e adestramento dos algoritmos da IA para que sexan máis xustos e se adapten á realidade demográfica, sen nesgos de xénero”, destacan. 

Manuel Reigosa, reitor da UVigo, destacou a importancia destes seminarios “na aposta institucional pola igualdade”. Reigosa reclamou “unión na loita contra as involucións que propón a ultradereita e a dereita” e contra todos aqueles que “sosteñen que a igualdade xa está acadada, cando en realidade estamos aínda moi lonxe, sobre no ámbito no que se centran estas xornadas”. A directora da Escola de Telecomunicación, Rebeca Díaz,  incidiu en que o principal inimigo na loita pola igualdade é “pensar que xa estamos a pre”. 

Visibilización 

Díaz lembrou que no eido dos estudos STEM as mulleres representan “unha porcentaxe pequena, polo que é importante que este tipo de iniciativas se desenvolvan en centros nos que a presenza de mulleres é moito máis baixa, algo que temos que tentar resolver entre todos e todas, visibilizando o papel da muller no noso eido de traballo e vencendo as desigualdades”, engadiu.

Te puede interesar