Debate

Nace unha plataforma dixital de debate con claves como o ingreso mínimo vital

Parte dos membros do Comité Editorial, na presentación do proxecto.
photo_camera Parte dos membros do Comité Editorial, na presentación do proxecto.
Bautizada como NET21, Nuevo Estatuto de Los Trabajadores del siglo XXI, a iniciativa xorde co claro obxectivo de analizar a actualidade do mundo laboral,

Docentes de 17 universidades españolas, incluída a UVigo, acaban de facer público un novo proxecto: unha plataforma dixital coa que achegar ao conxunto da sociedade e os medios de comunicación debate e reflexión sobre as principais cuestións que afectan na actualidade ao mundo laboral. Bautizada como NET21, Nuevo Estatuto de Los Trabajadores del siglo XXI, a iniciativa xorde co claro obxectivo de analizar a actualidade do mundo laboral, propoñer reformas e cooperar no deseño de políticas do dereito que afonden "na democracia que promete a Constitución".

"NET21.org xorde como un espazo dinámico de análise, observación e confrontación de posicións. Aínda que o grupo está composto maioritariamente por docentes universitarios, inclúe tamén numerosos profesionais de institutos de investigación e gabinetes xurídico-sindicais coa idea de debater en e ante o público sobre materias como as normas laborais, a negociación colectiva, os dereitos individuais e sociais ou as posibles interpretacións xudiciais", explican os organizadores.

A nova plataforma conta cun Comité Editorial composto por cinco docentes, entre eles o catedrático Departamento de Dereito Público Especial da UVigo Jaime Cabeza; Amparo Merino e Francisco Trillo, da Universidad de Castilla La Mancha; Francisca Ferrando, da Universidad de Murcia, e Rafael Gómez Gordillo da Universidad Pablo de Olavide. Os cinco interveñen nun vídeo de presentación no que se dan as principais claves deste novo proxecto. 

O ingreso mínimo vital e as falsas cooperativas son os temas centrais do próximo número desta iniciativa, que ten carácter aberto e divulgativo. 

Te puede interesar