Universidad

Peixes cebras como eixo de estudo de doenzas raras

Universidad

UNIVERSIDAD

Peixes cebras como eixo de estudo de doenzas raras

A investigadora Diana Valverde e Pep Rotllant, do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC en Vigo
photo_cameraA investigadora Diana Valverde e Pep Rotllant, do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC en Vigo
O estudo foi publicado na revista Nature e nel abórdanse diferentes cuestións que confirman a idoneidade deste peixe para investigar procesos biolóxicos.

Un equipo de especialistas internacionais liderado pola investigadora viguesa Diana Valverde, coordinadora do Máster de Biotecnoloxía Avanzada, acaba de confirmar a idoneidade do peixe cebra, un peixe tropical case transparente e de moi pequeno tamaño, como modelo no que comprobar a orixe e o desenvolvemento de  enfermidades raras descritas en humanos e, por tanto, a súa valía para caracterizar os seus efectos. O estudo foi publicado na revista Nature e nel abórdanse diferentes cuestións que confirman a idoneidade deste peixe para investigar procesos biolóxicos. Neste caso a investigación centrouse no síndrome de Bardet-Biedl, unha doenza das denominadas enfermidades raras, que se caracteriza por ter unha gran diversidade de síntomas.

O traballo é froito da colaboración entre o Grupo Xenómica e Biomedicina da Uvigo, cos doutores Pep Rotllant e Paula Suárez do Aquabiotec do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC e os doutores José Luis Badano e Rossina Novas do Pasteur en Uruguay.