Seminario sobre a orixe da administración e súa evolución

Sesión celebrada no Edificio de Ferro.
photo_camera Sesión celebrada no Edificio de Ferro.

Un centenar de estudantes da Facultade de Historia asistiu onte de xeito virtual e presencial a un seminario que tivo por obxectivo profundar, dun xeito transversal e interdisciplinar, na evolución do concepto de administración na historia moderna e contemporánea. A actividade levou por título IV Seminario Permanente: Conceptos con Historia. Administración e estivo organizada pola Facultade de Historia e os grupos de investigación HMo, de Historia Moderna, e HC1, de Historia Contemporánea, estando o seu comité organizador formado polo profesorado María López, Antonio Presedo, Jesús de Juana, Julio Prada e Domingo Rodríguez. Esta iniciativa pretende ofertar cada curso académico ao alumnado do Grao en Xeografía e Historia e do Programa Conxunto Xeografía e Historia-Turismo que se imparten na UVigo a posibilidade de profundar en conceptos de relevancia para a elaboración do coñecemento histórico dende unha perspectiva transversal (xa que son analizados nas épocas moderna e contemporánea) e interdisciplinar (coa participación de especialistas procedentes de distintas áreas das Humanidades e das Ciencias Sociais).

O seminario é froito do traballo conxunto das áreas de Historia Moderna e Historia Contemporánea da Universidade, que aúnan esforzos para familiarizar ao alumnado con termos relevantes para a súa formación histórica. María López, en representación da Área de Historia Moderna, engadiu que “estes seminarios son moi produtivos, xa que permiten escoitar a autoridades na materia a tratar”.

Te puede interesar