Universidad

Voluntarios eliminan a flora invasora do Campus

Universidad

UNIVERSIDAD

Voluntarios eliminan a flora invasora do Campus

Nos arredores do campus de Vigo, flora e fauna alóctonas invaden espazos naturais, quitándolle o seu lugar a especies autóctonas que se ven desprazadas na súa propia contorna. É por iso que a Oficina de Medio Ambiente da Universidade de Vigo decidiu poñer en marcha hai uns anos un programa de voluntariado para a minimización de impactos ambientais e mellora de hábitats que permite que a comunidade universitaria participe na erradicación de especies invasoras. 

"Con este programa de voluntariado preténdese concienciar á comunidade universitaria sobre a problemática ambiental que representan as especies invasoras, así como aprender a recoñecelas e coñecer as técnicas para a súa erradicación e control", explica o técnico superior da oficina, Sergio Ramos. Este programa de voluntariado ten a matrícula aberta durante todo o ano e está pensado para grupos de entre oito e dez persoas. Na actualidade hai xa varias persoas inscritas pero esta agardando á chegada do bo tempo para dar comezo ás actividades.