TECNOLOXÍA NO MAR

1,7 millones destinados ao proxecto Life Seacan

A Universidade participa nunha iniciativa para aplicar novas tecnoloxías de depuración para minimizar o impacto ambiental das conserveiras nos ecosistemas mariños

As Rías Baixas son un dos ecosistemas mariños con maior biodiversidade mundial pero tamén convive cunha intensa actividade industrial, xa que nesta zona se concentra o 80% da industria conserveira en España. Neste contexto e coa finalidade de avanzar no tratamento das augas residuais das empresas de transformación arranca o proxecto europeo Life Seacan, que ten como obxectivo demostrar a aplicación de dúas tecnoloxías baseadas en procesos de biopelícula para o tratamento das augas residuais procedentes da actividade industrial conserveira de peixe.

Estes tratamento permitirían reducir a contaminación de materia orgánica e nitróxeno producida nos ecosistemas mariños polos vertidos destas industrias. A Universidade de Vigo, xunto coa USC, forman parte desta iniciativa coordinada pola Fundación Centro Galego de Investigacións da Auga, Cetaqua, en Santiago de Compostela, e na que tamén colaboran o Centro Tecnológico del Agua, Fundación Privada, en Barcelona. O proxecto contará tamén coa colaboración da Asociación Nacional de Conservas de Peixe, Anfaco-Cecopesca.

O life Seacan baséanse na demostración de tecnoloxías de biopelícula. Sistemas biolóxicos que depuran a auga


O proxecto Life Seacan ten un orzamento de 1,7 millóns de euros, dos que o 60% son achegados pola Comisión Europea a través do Programa Life14, e un prazo de execución de tres anos e medio, ata febreiro de 2019. Investigadores e expertos das universidades e centros tecnolóxicos e de investigación tratarán de aplicar as tecnoloxías para mellorar a calidade da auga vertida e, así, minimizar o seu impacto medioambiental no ecosistema mariño.

Te puede interesar
Más en Universitas