680 historias de aprendizaxe académica arredor do mundo

photo_camera Cristóbal Chaves está na Samara State Earospace University (Rusia).

Italia é o destino máis demandado  polos estudantes da Universidade de Vigo e, por primeira vez, hai alumnos  en Rusia e Corea

 A pesares dos recortes nas axudas do Ministerio de Educación en programas de mobilidade, as ganas de coñecer mundo e mellorar a formación no exterior non diminúen e, de feito, este ano o número de estudantes da Universidade de Vigo que van cursar parte dos seus estudos noutros países increméntase lixeiramente. Fronte aos 636 do pasado curso, desta volta serán 680. Do total, 440 son do campus de Vigo, 131 de Pontevedra e 109 de Ourense. Nesta cifran están incluídos os e as estudantes que con estadía no estranxeiro tanto no primeiro cuadrimestre (223), como no segundo (165) e por todo o ano (292).

Por centros, o máis “viaxeiro” é a Escola de Enxeñería Industria, que envía aos estranxeiro a 138 alumnos e alumnas, seguida da Facultade de Filoloxía e Tradución, con 84 alumnos e alumnas e Ciencias Económicas e Empresariais e Ciencias Sociais e da Comunicación, con 60 estudantes cada unha.

Atendendo aos países de destino, Italia segue a ser o preferido dos estudantes da Universidade de Vigo. Cara alí parten 117 alumnos e alumnas. Por detrás está Portugal, que recibe a 71, Alemaña a 69, Polonia 59 e Francia 57. Entre os destinos novos, destacan Rusia e Corea. En Rusia hai un estudante da Escola de Enxeñería Industria e en Corea cinco de diversas titulacións. Por outra banda, cabe subliñar que dos 680 estudantes, 578 forman parte do Programa Erasmus, mentres 71 contan con bolsas propias da Universidade, 10 son bolseiros do programa ISEP, dous teñen unha bolsa Santander Fórmula e outros 19 unha Santander para grao.

Italia, Portugal e Alemaña son os destinos preferidos dos estudantes da Universidade de Vigo, pero o abano de países continúa en expansión e cada vez hai máis presenza viguesa en universidades de toda Europa.

Te puede interesar
Más en Universitas