PROXECTO

700 investigadores presentaron os seus proxectos

gal01_result
photo_camera un momemto da presentación das xornadas no campus de Ourense

As Xornadas Hispano-lusas de Xestión Científica buscan a transferencia de coñecemento entre universidades, empresa e sociedade

Tender pontes coas que transferir o coñecemento en xestión as empresas e á sociedade. Ese foi o obxectivo co que naceron en Huelva en 1984 as Xornadas Hispano-lusas de Xestión Científica, un congreso “pioneiro e inspirador” que serve de foro de reflexión e debate para que investigadores, docentes e profesionais intercambien ideas e proxectos en ata 14 áreas de estudo. Estes días, as xornadas celebraron as súas vodas de prata na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense abordando “a xestión dende diferentes ópticas, con múltiples aplicacións e sempre con propostas innovadoras, buscando melloras e novas experiencias que resulten aproveitables a outros”. Así o manifestou o vicerreitor, Virxilio Rodríguez, durante a inauguración dunhas xornadas que acollen a máis de 300 congresistas e na que preto de 700 investigadores procedentes sobre todo da Península Ibérica e Brasil darán a coñecer máis de 250 proxectos.

Durante dous días e a través de 52 sesións paralelas, os participantes mergulláronse en 14 áreas científicas de xestión, con dúas conferencias plenarias e unha sesión de editores de revistas. Como novidade, este ano a organización quixo incorporar unha nova área de coñecemento, a xestión deportiva, que se suma a outras como a empresa familiar, a dirección estratéxica, os recursos humanos, a ética social ou o marketing para “achegar a Universidade á sociedade e ao tecido empresarial, como tanto se demanda”, salientou Elena Rivo, decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo.

Te puede interesar
Más en Universitas