SAÚDE

O aceite galego, saudable e con valor diferencial

A investigadora Patricia Reboredo.
photo_camera A investigadora Patricia Reboredo.

Reboredo realizaou a tese de doutoramento sobre as olivas autóctonas.

A produción de aceite en Galicia como actividade xeralizada é historicamente constatable ata o século XVIII. A partir dese momento comeza o seu declive ata case a súa desaparición. Na entrada a década dos 90 cando se comezou a producir un tímido auxe da actividade oliveira na comunidade.

Na actualidade por unha banda estase a fomentar a plantación de variedades principais coa finalidade de alcanzar unha produción oleícola intensiva a curto prazo, e, doutra banda, estase a recuperar oliveiras centenarias das variedades coñecidas polos olivicultores locais como brava e mansa para elaborar aceites únicos. Para protexer e garantir este valor diferencial dos aceites elaborados con exemplares de oliveiras centenarias, a investigadora Patricia Reboredo abordou na súa tese de doutoramento unha profunda análise das súas características.

A tese, titulada "Caracterización aromática e fenólica de olivas e aceites de oliva producidos en Galicia", foi realizada na Facultade de Ciencias do A investigadora Patricia Reboredo Campus de Ourense. “En primeiro lugar, o noso obxectivo foi identificar correctamente este material vexetal mediante técnicas moleculares para demostrar que non se trata de variedades de oliveiras rexistradas no Banco de Germoplasma Mundial da Oliveira (BGMO) da Universidade de Córdoba”. Como resultado, detectouse que o perfil molecular das 20 mostras avaliadas coincidiu co da variedade brava, actualmente en fase de rexistro.

Te puede interesar
Más en Universitas