UNIVERSITAS

Afondar nas emocións para xestionar os conflictos

gal1-3-_result
photo_camera A profesora Elena Vila e a socióloga Victoria Martínez.

Os problemas derivados das tarefas grupais centran un proxecto de innovación da profesora Elena Vila

Aprender a traballar en equipo é unha das competencias que o alumnado debe desenvolver ao longo da súa etapa formativa, mais as tarefas grupais xeran con frecuencia desencontros entre os estudantes. Partindo da idea de que “o conflito é inevitable”, a profesora de Ciencias da Educación e do Deporte Elena Vila desenvolve, xunto coa socióloga Victoria Martínez, un proxecto de innovación educativa que busca “dotar ao alumnado de estratexias para a resolución deses conflitos”, poñendo o foco nos aspectos emocionais e fomentando que os participantes adquiran cos seus compañeiros un acordo previo ao inicio dun labor conxunto.

“Partimos da idea do conflito como algo normal, como algo inevitable, xa que as persoas somos distintas e diversas e nesa diversidade é onde nos atopamos e diferenciamos”, engade a socióloga e traballadora social Victoria Martínez, responsable do taller sobre emocións co que se puxo inicio ao que é un dos oito proxectos de innovación educativa aprobados pola facultade. “Vivimos evitando os conflitos, intentando non velos, pero ao final forman parte da vida, polo a que nosa idea era dotar aos estudantes de recursos para que saiban resolvelos”, engade Martínez, que fai énfase en que, “na resolución de conflitos, a lóxica matemática non impera”.

Nese senso, o primeiro paso desta iniciativa foi facer ver aos estudantes que “aínda que todos sabemos o que nos convén, existe tamén unha parte emocional que é moi importante e que é as veces a que entra en conflito”.

Te puede interesar
Más en Universitas