VISITA INSTITUCIONAL

Ana Pastor coñece 'in situ' o potencial investigador da Universidade

photo_camera A ministra, nun intre da visita.

A titular de Fomento visitou o campus ourensán e comprobou a actividade da Agrupación Estratexica de Industria e Enerxía.

Primeira visita da ministra Ana Pastor á Universidade de Vigo, na que a titular de Fomento mantivo un encontro de traballo co reitor Salustiano Mato e cunha representación do seu equipo de goberno, e na que tamén participaron o comisionado do Vigo Tecnolóxico, José Antonio Vilán e o representante do Centro Singular de Investigación, AtlantTIC, Carlos Mosquera.

Tras asinar no Libro de Honra da Universidade, Pastor, que estivo acompañada polo director de Renfe, Pablo Vázquez, puido coñecer as capacidades da Agrupación Estratéxica Industria e Enerxía, Inex, e do Centro Singular de Investigación AtlantTIC en relación cos trens e as liñas de alta velocidade.José Antonio Vilán, comisionado do Vigo Tecnolóxico foi o encargado de presentar á ministra de Fomento as potencialidades da Agrupación Estratéxica Industria Enerxía, que reúne a case unha trintena de grupos de investigación, con máis de 200 investigadores e investigadoras, na súa maior parte enxeñeiros industriais, con liñas de traballo que se enmarcan en case todos os ámbitos da industria e a enerxía.

Te puede interesar
Más en Universitas