I+D+I

Unha aplicación permite enviar mensaxes de emerxencia

Enxeñeiros da Agrupación Aeroespacial gañan a fase rexional do concurso europeo de navegación por satélite.

Unha aplicación para móbiles que permite enviar aos servizos de emerxencia unha foto coa localización exacta dun accidente ou calquera outro desastre remoto coma un fogo. Esta foi a idea coa que un equipo de dez enxeñeiros da Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade, capitaneados por Alberto González Muíño, gañou o primeiro premio rexional do concurso europeo de navegación por satélite (ESNC 2015), un galardón, convocado pola Axencia Espacial Europea coa Zona Franca de Vigo como principal socio rexional e a colaboración da propia Universidade, o Igape e a Axencia Galega de Innovación.

Hai uns días recolleron o premio en Berlín nunha cerimonia celebrada na sede do Ministerio de Transportes e Tecnoloxías Dixitais do goberno federal.

Acompañado polo profesor do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da EE de Telecomunicación, Francisco J. Díaz-Otero, punto de contacto en Galicia da organización do concurso e por Rosa Eguizábal, directora de Promoción Económica do Consorcio Zona Franca, o investigador vigués foi o encargado de recoller o premio a unha idea que bautizaron como Point and Pin e que asinan, xunto a el, os investigadores Antón Vázquez, Bibiano Fernández-Arruti, Aaron Nercellas, Diego Hurtado, Franco Pérez, Diego Nodar e o profesor Fernando Aguado, director da Agrupación Estratéxica Aeroespacial.

Te puede interesar
Más en Universitas