UNIVERSITAS

AtlantTIC dirixe un taller sobre redes sen fíos

O seminario forma parte de WiMob2015, unha das citas máis importantes no campo das comunicacións móbiles

nnn WiMob, un dos congresos de referencia no campo das comunicacións móbiles a nivel internacional, terá representación da Universidade de Vigo e, máis concretamente, do Centro de Investigación AtlantIC que, a través do Grupo de Tecnoloxías da Información, é o encargado de organizar o II Workshop on Cooperativa Wireles Networks, CWN 2015, un taller internacional que se celebra ao abeiro deste congreso e que, dirixido a profesionais dos cinco continentes, servirá de escaparate para amosar as últimas ideas e contribucións no ámbito das redes sen fíos cooperativas, unha das claves para o progreso do denominado ‘internet do futuro’.

Se o ano pasado a a cita foi en Chipre, nesta ocasión o encontro celebrarase na cidade de Abu Dhabi, do 19 ao 21 de outubro e da súa organización estanse a encargar as profesoras da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Cristina López Bravo e Beatriz Lorenzo Veiga, xunto aos profesores da Universidad Politécnica de Cartagena, Antonio Javier e Felipe García Sánchez.

O principal obxectivo do seminario é promover a colaboración entre a comunidade investigadora, favorecendo o intercambio de ideas e de experiencias nun eido, o das redes sen fíos, clave para o desenvolvemento do futuro 5G, a próxima xeración de conectividade móbil que ofrecerá velocidades de ata 20 Gbps, o que suporá multiplicar por 100 a mellor oferta do mercado actual, e tamén un notable incremento no campo da seguridade. n

Te puede interesar
Más en Universitas