TESE DOUTORAMENTO

Aumento no interior de Galicia dos lumes forestais de maior intensidade

Segundo conclúe o investigador José María Fernández, nunha tese centrada nos incendios de copa, o cambio climático será o causante do incremento dos incendios.

Caracterizados pola intensidade dunhas lapas capaces de ir saltando de árbore en árbore para rapidamente afectar a grandes extensións de terreo, os chamados 'lumes de copa' constitúen un tipo de incendio forestal marcado polo seu “alto impacto ecolóxico e económico”, como salienta o investigador José María Fernández, que centrou nesta clase de lumes a súa tese de doutoramento, defendida na Escola de Enxeñaría Forestal.

Ademais de propor unha serie de medidas que permitirían unha mellor prevención fronte a este tipo de incendios, o estudo de Fernández permitiu tamén identificar os puntos nos que este tipo de lumes son máis probables, como as masas de piñeiro silvestre, as zonas de maior altitude e diferentes puntos do interior de Galicia, onde “baixo un escenario de cambio climático”, como sinala Fernández, “é previsible” que estes lumes “ocorran cunha maior incidencia nun futuro”. 

“Este tipo de lume dáse cando temos un incendio na superficie do bosque que chega a unha intensidade suficiente como para prender na copa dunha árbore”, relata este investigador, que no marco do programa de tecnoloxía medioambiental da Universidade, desenvolveu a súa investigación no Centro de Investigación Forestal de Lourizán, baixo a dirección de José Antonio Vega. Deste xeito, unha vez o lume que se iniciou nos matos ou na follaxe prende unha primeira copa, “se se dan as condicións de vento precisas, propágase de árbore en árbore, queimándoas na súa totalidade e chegando a afectar a grandes extensións de terreo”.n

Te puede interesar
Más en Universitas