PROXECTO EUROPEO

Biocaps converte o IBI no centro de excelencia en investigación biomédica

Un momento da intervención do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, durante a conferencia final do proxecto.
photo_camera Un momento da intervención do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, durante a conferencia final do proxecto.

O proxecto europeo celebrou hai uns días a súa conferencia final cun balance dun total de 86 liñas de investigación abertas.

O Programa de Apoio ás Capacidades Biomédicas, Biocaps, chega ao seu fin co seu principal obxectivo cumprido: acadar para o Instituto de Investigación Biomédica, IBI, un nivel de excelencia científica que xa foi recoñecido pola Comisión Europea.

Durante a conferencia final do proxecto, financiado durante os últimos tres anos pola UE con 4,6 millóns de euros, fixouse como próximo fito acadar a acreditación do IBI por parte do Instituto de Salud Carlos III. A coordinadora de Biocaps, a catedrática da Universidade de Vigo África González, destacou que o proxecto “axudounos a deseñar unha estratexia para que o IBI teña a maior transcendencia científica e capacidade transferencia”.

Tras citar como principais indicadores as 86 liñas de investigación abertas, máis de 500 investigadores e investigadoras, 70 novos proxectos e sete patentes aprobadas, González destacou a incorporación de talento e equipamento punteiro, ademais da intensificación da colaboración ente o persoal investigador do instituto con outros centros europeos de referencia, como logros acadados.

A estes sumou a transferencia de resultados a través das patentes concedidas e un bo número de colaboracións coa industria, a difusión a través de máis de 500 artigos en revistas científicas de gran impacto e a organización de seminarios e workshops. González reclamou financiamento estable para dar continuidade aos obxectivos acadados, en especial a consolidación dos investigadores contratados ao longo dos últimos tres anos. n

Te puede interesar
Más en Universitas