UNIVERSITAS

Biodiversidade e patrimonio, claves para potenciar o turismo no Miño

gal1-3-_result
photo_camera Xulio Pardellas é o cordinador na UVigo dun proxecto no que participan investigadores de catro universidades.

Os investigadores sinalan a importancia de que os municipios da zona promovan rutas conxuntas para aproveitar os recursos naturais e culturais

Desde os tempos de Felipe II, a fronteira entre España e Portugal permanece inalterable, o que a converte nun “elemento único en Europa, onde a maioría das fronteiras non teñen máis dun século”, repleto dunha longa serie de “recursos monumentais, culturais e sociais” que non están a ser aproveitados desde o punto de vista turístico, a xuízo do profesor Xulio Pardellas. Ese sería precisamente o caso do Miño, “un río cunhas características singulares e do que apenas hai unha utilización turística”, segundo este docente da Facultade Ciencias Sociais e da Comunicación. Xunto aos investigadores Carmen Padín e José Ayude, Pardellas propón no libro Turismo de Fronteira (III) seis produtos que permitirían potenciar este destino, aproveitando a biodiversidade do seu estuario e as fortalezas, muíños e pesqueiras que foron construídas a súa beira ao longo da historia.

“O Miño é un río que dividiu administrativamente, pero que sempre uniu social e culturalmente”, destaca Pardellas da contorna que analizou para a terceira publicación do proxecto de investigación Turismo de fronteira como motor de desenvolvemento, no que, participaron xeógrafos, arquitectos ou economistas das Universidades de Vigo, Estremadura, Salamanca e Huelva. Tras recompilar nunha primeira fase os recursos existentes nos municipios fronteirizos e estudar posteriormente a oferta e a demanda turística nestas zonas, a terceira e última fase deste proxecto centrouse en definir produtos turísticos que se poderían desenvolver ao longo da raia ibérica.

Te puede interesar
Más en Universitas