UNIVERSITAS

Búscase alumnado emprendedor disposto a dalo todo 72 horas

acuer_result
photo_camera Cristina Quelle, Salustiano Mato, Maruxa Álvarez e Ángeles Pariente durante a presentación.

Un total de 40 estudantes convivirán durante tres días en San Simón aprendendo 
a emprender na segunda edición de 3 Day Startup Vigo

Alumnas e alumnos con actitude emprendedora dispostos a pasar 72 horas dedicados en corpo e alma a aprender a emprender e a facelo nunha contorna tan particular como a illa de San Simón. Hai uns días presentouse no campus a segunda edición de 3 Day Startup Vigo, unha actividade gratuíta que convida ao alumnado universitario a converterse en emprendedores e recorrer en tan só tres días de intensa convivencia o camiño necesario para crear unha start-up de base tecnolóxica centrada na explotación e uso dos recursos mariños en todas as súas vertentes: turismo, saúde, alimentación, medios de comunicación...


“Esta actividade, que está a acadar un éxito notable en todo o mundo, encadra perfectamente coa aposta pola cultura do emprendemento que estamos a facer dende a Universidade de Vigo e con ese ánimo decidimos unirnos a ela a través do noso campus de excelencia, o Campus do Mar”, subliñou o reitor vigués, Salustiano Mato. Fixo fincapé no “elevado interese” dunha metodoloxía “que crea cultura de emprendemento e se aliña moi ben co resto de iniciativas que impulsamos nesta liña, coma os premios Incuvi-Emprende ou a Escola de Emprendedores do propio Campus do Mar”, recalcou Mato, que estivo acompañado na presentación aos medios pola docente da Facultade de Bioloxía Maruxa Álvarez, responsable local da organización do evento; Ángeles Pariente, responsable de comunicación de 3DS a nivel nacional, e a técnica de Campus do Mar Cristina Quelle.n
 

Te puede interesar
Más en Universitas