UNIVERSITAS

Cadeiras de rodas convertidas en ferramentas para crear

gal1-3-_result
photo_camera Cadeiras de rodas convertidas en ferramentas para crear.

Trasladar á práctica, a partires de diferentes exercicios plásticos, “a idea de que unha cadeira de rodas non é unha barreira de comunicación” é o propósito central do taller que Esther Gandía e Yoshimar Tello

Trasladar á práctica, a partires de diferentes exercicios plásticos, “a idea de que unha cadeira de rodas non é unha barreira de comunicación” é o propósito central do taller que Esther Gandía e Yoshimar Tello, dous estudantes da Facultade de Belas Artes, desenvolven desde hai unhas semanas cun grupo de usuarios e usuarias do centro de Amencer-Aspace en Pontevedra. No marco do programa de voluntariado da Universidade, estes alumnos organizan un obradoiro no que os asistentes traballan na elaboración dunha obra conxunta “a partires dos recursos que a cadeira de rodas pode ofrecerlles como ferramenta de traballo que posibilita a mobilidade e a expresión de quen a dirixe”.


Grazas á adaptación con brazos móbiles nos que se suxeitan pinceis ou rolos das súas cadeiras, este grupo de oito persoas con parálise cerebral convértense nos responsables da creación da obra colectiva que se está a xerar desde comezos de abril neste taller.

Te puede interesar
Más en Universitas