UNIVERSITAS

O Campus Camp facilita a conciliación laboral e familiar

gal1-1-_result
photo_camera Nenos en un campamento.

O verán está a piques de chegar e con el un reto para moitas familias: manter entretidos aos máis cativos da casa e seguir cumprindo coas obrigas laborais.

O verán está a piques de chegar e con el un reto para moitas familias: manter entretidos aos máis cativos da casa e seguir cumprindo coas obrigas laborais. Dende o ano 2004 no campus de Ourense e un ano despois nos de Vigo e Pontevedra, os traballadores da Universidade teñen a posibilidade de ofrecerlles aos seus fillos e fillas un programa completo de actividades, onde se mestura diversión e aprendizaxe, mentres eles realizan as súas tarefas profesionais.

O Campus Camp desenvólvese en horario de mañá, nos meses de xuño, xullo e setembro e comprende un amplo catálogo de alternativas de ocio que posibilitan a convivencia, o desenvolvemento das relacións interpersoais e a capacidade de traballo en grupo a través de accións formativas e actividades lúdicas. O ano pasado foron 157 rapaces e rapazas os que participaron no programa, unha cifra moi similar a que se vén acadando nos últimos anos. A meirande parte dos cativos que asistiron situábanse no segmento de idade de entre 6 e 8 anos.

Te puede interesar
Más en Universitas