UNIVERSITAS

O Campus Crea xa ten o seu día grande, o 21 de abril

_gal1_result
photo_camera Presentación dos actos do Día Internacional da Creatividade e a Innovación.

Conmemorarase o Día Internacional da Creatividade e a Innovación na Casa das Campás

Para reivindicar o valor da creatividade na resolución de problemas e o que a innovación pode achegar á sociedade, o campus de Pontevedra celebrará por primeira vez o vindeiro martes 21 de abril o Día Internacional da Creatividade e a Innovación. Unha mesa redonda que reunirá a profesionais de diferentes eidos e a presentación de diferentes proxectos de investigación na Casa das Campás compoñen o programa desta xornada, que servirá tamén para falar “do camiño de futuro que estamos a construír para o campus”, como apuntou o reitor, Salustiano Mato, xa que o proxecto é que este día se converta nunha “data de referencia” para o proxecto de especialización do campus e co paso dos anos se converta “o día do Campus Crea”.

Acompañado polo vicerreitor do campus, Juan Manuel Corbacho, Mato mantivo este martes un encontro informativo cos medios de comunicación dirixido precisamente a afondar nos avances do proxecto do Campus Crea e presentar un acto que nace coa vocación de servir como “aperitivo introdutorio” ao que se agarda sexa unha “data de referencia, un día para celebrar que estamos especializando o campus arredor da creatividade”, como salientou o reitor. Por iso, esta xornada repetirase cada ano no marco da Semana Mundial da Creatividade e da Innovación, que se conmemora cada ano entre o 15 e o 21 de abril.

Xunto a Corbacho, que destacou a ilusión que está a supor o “traballo incipiente” de especialización do campus, o reitor ofreceu nesta xornada un primeiro avance dos contidos dun acto que se vai desenvolver a partir das 16.30 horas na Casa das Campás. A esa hora dará comezo unha mesa redonda titulada Os camiños da creatividade, na que profesionais de ámbitos vinculados cos eixos do Campus Crea, como o deporte, a educación ou a saúde, reflexionarán daquilo que lles une, “o uso da creatividade para resolver os seus propios retos”. Xa ás 18.00 horas, este acto aberto á cidadanía continuará con Somos Campus Crea, a presentación de cinco proxectos de investigación en poucos minutos, “dunha forma moi rápida, dinámica e divulgativa”, como tamén o farán os estudantes e titulados seleccionados nos Premios Incuvi-Emprende, que falarán da idea empresarial que está a desenvolver nesta preincubadora de empresas dun xeito rápido e informal, nunha iniciativa que adopta o chamado formato de presentación PechaKucha.n

Te puede interesar
Más en Universitas