UNIVERSITAS

Celebración do 30 aniversario da especialidade na EE Industrial

gal01ss_result
photo_camera Titulados e tituladas da especialidade en Organización Industrial.

Todos son titulados e tituladas da especialidade en Organización Industrial, pero a cada un o transcorrer profesional levounos por distintos camiños

Todos son titulados e tituladas da especialidade en Organización Industrial, pero a cada un o transcorrer profesional levounos por distintos camiños, non obstante manteñen en común o convencemento de que exercen unha profesión “única” que lles permite adaptarse a ámbitos moi diversos e amosar neles todo o seu potencial. Así llo amosaron ao alumnado da última promoción de Enxeñaría de Organización Industrial que este xoves se achegou á 3ª xornada técnica conmemorativa do 30 aniversario da especialidade na Escola de Enxeñería Industrial.


Presentados polo catedrático Carlos Prado, coordinador da actividade, un a un amosaron as súas experiencias dende que remataron a titulación “hai como moito cinco ou seis anos”, explicou Prado, que fixo fincapé en que nesta sesión “convidamos a profesionais moi novos que acadaron xa postos de certa responsabilidade en sectores moi diversos”.

Te puede interesar
Más en Universitas